Libros
Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego
Detalles del libro
Editorial | GALAXIA |
---|---|
Edición | 2025 |
Páginas | 254 |
Dimensiones | 135x210 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788411763851 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | RUSTICA |
Resumen
Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas. En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen como documento sociohistórico, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares, nunha gran maioría mulleres. Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil, senón que, re-creándoas ou non, nolas transmitiron ata os nosos días.
16.50€
IVA incluido