Libros
Un ano enteiro
Detalles del libro
Editorial | KALANDRAKA |
---|---|
Edición | 2025 |
Páginas | 32 |
Dimensiones | 140x300 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788413433561 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA DURA |
Resumen
Unha nova fábula de Leo Lionni para familiarizarse cos meses do ano, coas estacións e co valor da natureza. O primeiro día de xaneiro, Lolo e Lara, dous ratiños de campo, fan unha nova amiga: Flora, unha árbore falante. Tras superar a sorpresa inicial, deciden visitala durante todo o ano. A medida que pasan os meses, Lolo e Lara observan como Flora absorbe a auga da neve ou da chuvia, como florece na primavera, dá froitos no verán ou lle caen as follas no outono. Cando chega o Nadal, Lolo e Lara celebran xuntos que teñen unha grande amiga e prepáranse para un novo ano cheo de sorpresas. Regresan os coñecidos personaxes do gran Leo Lionni neste clásico publicado orixinalmente en 1992 e inédito en España. Un álbum ideal para coñecer o ciclo do ano, os meses e as estacións, ademais de sensibilizar os lectores e as lectoras máis pequenos sobre a importancia do coidado da natureza e do medio ambiente. Unha fábula deliciosa editada nun orixinal formato e unha lectura perfecta para todo o ano.
16.00€
IVA incluido