Libros
A galiña roxa
Detalles del libro
Editorial | KALANDRAKA |
---|---|
Edición | 2012 |
Páginas | 36 |
Dimensiones | 220x220 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788484648093 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA DURA |
Resumen
"A galiña roxa" é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo. A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.
14.00€
IVA incluido