Libros
Teño uns pes perfectos
Detalles del libro
Editorial | KALANDRAKA |
---|---|
Edición | 2015 |
Páginas | 48 |
Dimensiones | 150x235 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788484649748 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA DURA |
Resumen
Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos... "Teño uns pés perfectos" é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido
15.00€
IVA incluido