Libros
AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
Detalles del libro
Editorial | LAIOVENTO (IBD) |
---|---|
Edición | 2016 |
Páginas | 294 |
Dimensiones | 1x1 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788484873310 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Resumen
Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre osmáis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativasde grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos daFala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa doidioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fórada legalidade (española) imperante.Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron erepresentaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala;partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron dexeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco docentenario da creación das mesmas (1916-2016).Diante desta efeméride agardamos contribuír a socializar unha panorámica,o máis ampla posíbel, de como se xestaron e o que significaron parao país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programasocio-político e cultural ergueron e defenderon as Irmandades, cal foi oseu modelo organizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internasque amosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: a loitapola visibilización da nación galega, a partir da defensa do idioma propio,en todos os planos nos que esta debía de se manifestar como tal;pulandoao tempo polo recoñecemento da Galiza como suxeito político.
19.20€
IVA incluido