Libros
Desobediencia civil: unha estratexia para a resistencia e a
Detalles del libro
Editorial | LAIOVENTO (IBD) |
---|---|
Edición | - |
Páginas | 128 |
Dimensiones | 1x1 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788484876540 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | NULL |
Resumen
As grandes promesas da modernidade non se cumpriron. A promesa de igualdade fica nunha ficción perante as enormes fendas entre ricos e pobres. A promesa de liberdade tampouco supera os límites das declaracións formais. E outra promesa, a da dominación da natureza, estanos a conducir a un desastre ecolóxico planetario cuxos efectos xa están a padecer os individuos e os territorios máis empobrecidos. A democracia actual cada vez está máis limitada a aspectos formais, nunha versión procedimental e elitista da mesma. Vivimos un estado de cousas onde os gobernos democraticamente elixidos teñen cada vez máis restrinxida a súa capacidade de actuación nas políticas económicas, rompendo cos compromisos adquiridos e frustrando as expectativas de quen os elixiron. A condición de cidadán muda na dun súbdito, cuxa única esfera de poder redúcese ao ámbito privado, e onde a maior liberdade é a de consumir cando dispón de medios suficientes.N este mundo económico global, e no estado de excepción permanente que o acompaña, os dereitos sociais vanse baleirando fronte á mercantilización da vida. Todas estas razóns esixen entender a desobediencia civil como unha figura complexa que comparte elementos co resto das outras figuras e estratexias que implican desobediencia e resistencia perante o poder. Achámonos, pois, en situación de comezar a pensar a desobediencia civil no sentido máis amplo e aberto dunha desobediencia tamén social e política.
13.95€
IVA incluido