Libros
Fíos de transparencia acesa. Narrativa, poesía e tradució
Detalles del libro
Editorial | LAIOVENTO (IBD) |
---|---|
Edición | - |
Páginas | 240 |
Dimensiones | 1x1 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788484877202 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | NULL |
Resumen
Fíos de transparencia acesa.Narrativa, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras.A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta, narrador e tradutor-, referente imprescindible no contexto cultural e político galego dos séculos XX e XXI, destaca por unha excepcional cultura humanística de raíz afrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte da próspera faceta literaria, desde os primeiros textos adolescentes da revista Vamos e a intensa pegada das estadías parísinas. Así mesmo, preséntase unha breve historia da tradución en galego;porén, a cerna desenvolve o estudo das obras escolleitas, que converten a traxectoria do tradutor en infrecuente tanto pola orixinal e coidada selección dos autores coma polo desenvolvemento durante máis de medio século, algo insólito non só no ámbito literario galego senón universal. Alén da letra de sobranceira da canción Venceremos nós, as obras traducidas son: Os xustos (1985), Calígula (1992), Catro cartas a un amigo alemán e otros textos (2018) e A desfeita (2019) de Camus;Antígona (1967) de Anouilh, Non As moscas (2008) de Sartre, Adolphe (2020) de B. Constant e Espertemos! (2022) de E. Morin. Por último, o propio autor quixo autotraducirse mediante a Exhortación a la desobediencia (2015), nunha nidia mensaxe ou espallamento da obriga ética da responsabilidade, continuando na liña dun forte compromiso individual fronte á desigualdade, á inxustiza e ás guerras.
19.95€
IVA incluido