Libros
HISTORIA DAS HISTORIAS DE GALICIA
Detalles del libro
Editorial | XERAIS |
---|---|
Edición | 2016 |
Páginas | 408 |
Dimensiones | 150x220 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788491210016 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | RUSTICA |
Resumen
No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos -e mesmo inéditos- do noso pasado colectivo.
24.95€
IVA incluido