Libros
Sibila
Detalles del libro
Editorial | XERAIS |
---|---|
Edición | 2021 |
Páginas | 240 |
Dimensiones | 150x230 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788491218913 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | RUSTICA |
Resumen
É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo;entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo;entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo. En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.
18.95€
IVA incluido