Libros
MONXA E O GRUMETE, A
Detalles del libro
Editorial | GALAXIA |
---|---|
Edición | 2023 |
Páginas | 222 |
Dimensiones | 135x210 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788491519744 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Resumen
Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun relato propiamente rescatado da memoria familiar, estritamente baseada en feitos reais, agás naqueles fragmentos e imaxes que non o son. Unha crónica da Galiza rural e escura dos comezos da Idade Moderna, unha analítica das febres das persoas e un apañar polas estradas o anuncio da santidade duns homes, e dunha muller, que só trataron de se explicaren a través da luz do seu instinto. A traxectoria dunha monxa e un grumete que aínda serve para que edifiquemos unha illa enchida onde pór a bandeira que pinta todas as cores do arco da vella.
20.00€
IVA incluido