Libros
Guía dos microorganismos das augas continentais
Detalles del libro
Editorial | BAIA |
---|---|
Edición | 2010 |
Páginas | 360 |
Dimensiones | 200x200 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788492630592 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Resumen
Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra. Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes. O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos. Inclúe, ademais, métodos útiles para o seu cultivo que permiten obter variedade e cantidade de individuos, o que facilita a súa visualización ao microscopio e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos feitos en exclusiva para este libro. A súa utilización facilita, xunto coas precisas descricións e as 450 fotografías orixinais do autor, o recoñecemento dos organismos que con maior frecuencia podemos encontrar nestes ambientes acuáticos.
16.55€
IVA incluido