Libros

WELCOME TO SING SING

Ribeiro, Elvira

Resumen

Elvira Ribeiro (Pontevedra, 1971). Nacín cando soaba na radio "Me and Bobby McGee" da rabuda da Janis Joplin. Desde pequena (eu tamén rabuda) interesoume a literatura, especialmente a poesía, aínda que teño moitos outros intereses (a lingua, as artes plásticas, o cinema, a música, a fotografía, o ser humano, a bioloxía, as cadelas coas que comparto a vida...). Ata o momento publiquei poesía para persoas adultas (Andar ao leu, 2005;Arxilosa, 2005;Biografía da Multitude -en coautoría con Silvia Penas-, 2009;carnia haikai, 2012 e corpos transitivos, 2013) e tamén para crianzas (pAlAbrAs brAncAs, 2008 e As redes de Inés, 2014). Grazas á literatura, voei a algúns lugares polo mundo adiante. Aínda gusto de voar, mais sempre sempre sen que me recorten as ás. Nin remeiras nin temoeiras.
12.00€ IVA incluido