Libros
Hixiene e atención sanitaria domiciliaria
Detalles del libro
Editorial | IDEASPROPIAS |
---|---|
Edición | 2012 |
Páginas | 498 |
Dimensiones | 70x100 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788498393958 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA BLANDA O BOLSILLO |
Resumen
O profesional de axuda a domicilio constitúese como unha figura fundamental á hora de ofrecer unha asistencia integral ao asistido. Os seus coñecementos do ámbito sanitario e social permitirán ao dependente optimizar a súa autonomía e promover a súa interacción co contorno, co que logrará o máximo grao de benestar físico, psicolóxico e social. Todo iso contribuirá a alcanzar o obxectivo último da axuda a domicilio, é dicir, que o usuario permaneza o maior tempo posíbel no seu fogar. Ideaspropias Editorial preséntalle este material formativo coa finalidade de que o lector saiba como desenvolver intervencións axeitadas de atención física domiciliaria a persoas con necesidades de atención sociosanitaria. A través da lectura deste manual, aprenderá a realizar tarefas como a hixiene persoal do usuario, a administración de alimentos e determinados tratamentos médicos, así como a mobilización do asistido segundo o seu nivel de dependencia.
30.04€
IVA incluido