Libros
A forma das nubes
Detalles del libro
Editorial | GALAXIA |
---|---|
Edición | 2012 |
Páginas | 100 |
Dimensiones | 135x210 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788498654691 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Resumen
Narrada en primeira persoa, cunha voz que conxuga o presente e o pasado da protagonista, A forma das nubes é unha pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración que López Sández escancia cun ritmo intenso, constante;ritmo narrativo ao que se suma o contrapunto dun enigma central que a novela aproveita como recurso literario e como estímulo para o pensamento de quen le. Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o ha cambiar todo e na que coñece unha actriz engaiolante e cativadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasado, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes para recoñecer nelas figuras do mundo real.Premio de Narrativa Breve Repsol 2012
14.15€
IVA incluido