Libros
ACHÍS!
Detalles del libro
Editorial | OQO |
---|---|
Edición | 2021 |
Páginas | 36 |
Dimensiones | 250x230 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788498714364 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA DURA |
Resumen
Mamá e papá estaban encantados;pero, cando o gato se achegou a ver o bebé: Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato... Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé. É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé. Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar. Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas, a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á "normalidade". Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.
15.90€
IVA incluido