Libros
A VIAXE DAS BOLBORETAS
Detalles del libro
Editorial | OQO |
---|---|
Edición | 2021 |
Páginas | 40 |
Dimensiones | 250x230 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788498715033 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA DURA |
Resumen
Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro. De camiño unha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo deciden acompañalo. Mais, ao chegar ao seu destino, Don Vermiño segue só e aparece unha temible avespa...Paula Carbonell parte de recursos formulísticos propios da tradición oral, como a utilización de estruturas acumulativas e a repetición de acontecementos, que propician e facilitan a memorización do texto. Sobre esta base, crea un conto sinxelo en aparencia pero que ten tamén unha segunda lectura. O percorrido que a eiruga fai da laranxeira ao limoeiro, durante o que se lle van sumando distintos compañeiros de viaxe, acaba sendo unha metáfora da propia vida: a mudanza dun estado cara á outro;a aparición de amigos, ou de inimigos, e conflitos que só se poden superar coa solidariedade e, finalmente, o amor.
15.90€
IVA incluido