Libros

CATEGORÍAS

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso.

Calveiro, Marcos

Resumen

Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal. Aqueles anos de Loia en Madrid, nos que percorreu os camiños do entusiasmo e da fatalidade. As viaxes europeas na procura de acordes e descubertas. Os últimos días na Coruña, cando intentaba vivir onde o vento sopraba. A familia, os amigos, a paixón, a escrita artellan este emocionante relato miniado con agarimo e admiración polo escritor Marcos Calveiro. Unha biografía que se completa cunha detallada cronoloxía, un caderno fotobiográfico e unha antoloxía poética do autor homenaxeado o 17 de maio de 2011.
14.50€ IVA incluido