Libros
TONAS DE LARANXA
Detalles del libro
Editorial | XERAIS |
---|---|
Edición | 2012 |
Páginas | 168 |
Dimensiones | 155x230 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788499144399 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA DURA |
Resumen
" Tonas de laranxa " , a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. " Tonas de laranxa " bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.
19.95€
IVA incluido