Libros
AS VOCES DA AUGA )
Detalles del libro
Editorial | BAIA |
---|---|
Edición | 2018 |
Páginas | 180 |
Dimensiones | 130x190 mm |
Idioma | GLG |
ISBN | 9788499953007 |
ISBN-10 | - |
Encuadernación | TAPA BLANDA O BOLSILLO |
Resumen
Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018). 'As voces da auga' destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos. *** Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.
14.00€
IVA incluido